A Carta Histórica é unha ferramenta de carácter divulgativo mediante a cal contar a evolución da cidade da Coruña a través da súa cartografía, dende a prehistoria ata a actualidade.
As cartografías recreadas ata o século XVIII son conxeturais, debuxadas a partires da información bibliográfica existente e os datos arqueolóxicos. O avance da investigación confirmará ou descartará definitivamente diferentes hipóteses sobre a forma urbana da Coruña aquí debuxadas como unha posibilidade. A partires do século XVIII restituíronse os planos históricos existentes coa maior fidelidade posible.
Este proxecto, como a cidade, non está rematado, a través de próximas revisións irá completando os seus baleiros, que son moitos, rectificando trazas e transformando tramas.