350 D.C.
C

A Brigantium galaico-romana

As mesmas razóns que deron lugar á fundación de Brigantium marcarán a súa crise e transformación. A mediados do século III d.C. Roma perde interese nas rutas atlánticas, militar e comercialmente, ao mesmo tempo que no conxunto de Gallaecia se asiste a unha fragmentación política e reorganización social co fin do período coñecido como a Pax Romana.

Debido á dependencia Imperial da cidade esta non permanece allea a estas dinámicas, iniciándose o seu declive só para asistir a unha reactivación a partires de finais do s. III d.C baixo unha nova configuración social e económica, e con ela, da súa estrutura urbana.

Cunha menor densidade pero de extensión similar á cidade altoimperial, a poboación concéntrase na zona alta mentres que a área ocupada do istmo vese reducida neste período.


c.1
2020
c.2
c.3
c.4
Made on
Tilda