1220
D

De Faro Precantium á fundación de Crunia

Trala caída do Imperio romano se asiste a un proceso de ruralización e declive urbano no inicio da Idade Media que, xunto coas incursións viquingas e musulmás, acabaron por reducir a antiga Brigantium romana a unha pequena aldea coñecida como Faro Precantium. A Torre de Hércules, perdida a súa función orixinal de faro, será empregada como establecemento militar nos séculos X e XI sendo, xunto coa aldea próxima, cabeza da commisio de Faro no proceso de fragmentación do poder territorial da sociedade medieval.

Entrada a Idade Media, no contexto de expansión urbana do Reino de Galicia e de reactivación das redes comercias marítimas atlánticas, o rei Alfonso IX fundará en 1.208, baixo a súa xurisdición, a vila de Crunia para facer fronte ao crecente poder dos señores laicos e eclesiásticos. A súa posición privilexiada como porto foi unha das razóns para esta elección. Nos séculos seguintes diversos monarcas concederán privilexios para potenciar a vila e a actividade mercantil a través do porto coruñés.

Dende a súa fundación comeza o amurallamento e fortificación da cidade, agrupando no seu interior a poboación asentada en torno ás dúas igrexas existentes, e deixando obsoleto o papel militar da torre de Hércules. A súa morfoloxía urbana é a das vilas medievais, definidas por rúas estreitas que teñen como nodos centrais as igrexas que organizan a paisaxe urbana.



d.1
2020
d.2
d.3
d.4
Made on
Tilda