Os romanos, tralo fin das guerras cántabras e o dominio do territorio dos galaicos, fundan a mediados do século I d.C Brigantium. O seu propósito é o de cumprir as funcións de centro administrativo e porto de tránsito, aproveitando a súa estratéxica situación nas rutas atlánticas e as excelentes condicións como porto natural do Golfo Ártabro, o coñecido como Portus Magnus Artabrorum. Dentro desa lóxica fundacional, co fin de guiar aos navegantes se erixe a Torre de Hércules no extremo norte da península.
Sen un gran desenvolvemento urbano Brigantium organízase en torno a unha estrutura reticular envorcada cara o mar. Conectada coas máis importantes cidades de Gallaecia, Lucus e Brácara, convértese no principal porto do convento lucense.
Durante este tempo xunto ao asentamento romano pervive o hábitat indíxena dos castros aínda que supeditados ao poder de Roma.